INTRODUCIÓN
Tomiño é unha parroquia
que ofrece gran cantidade de variedade paisaxística, en pequenos recunchos, as
veces descoñecidos ou pouco valorados.
Coa realización do
proxecto 12 meses, 12 paisaxes, preténdese que os nenos e nenas do CEP Pedro
Caselles Beltrán melloren os seus coñecementos da paisaxe en xeral, e da
parroquia de Tomiño en particular, grazas a súa propia experiencia e as experiencias que lles transmitan os seus
compañeiros. A través deste coñecemento, nenos e nenas, adquirirán conciencia
da importancia do valor cultural, natural, emocional e económico da paisaxe.
Neste proxecto estará
implicado todo o alumnado do centro que pode traballar de forma individual ou por
equipos, as familias as que implicaremos de forma activa na recollida de
información e todo o profesorado do Centro que recabará e organizará os
traballos do alumnado.
OBXECTIVOS
•
Identificar distintos tipos de paisaxes do seu entorno.
•
Comparar as paisaxes
próximas con outro tipo de paisaxes do mundo.
•
Describir unha paisaxe.
•
Valorar a
importancia dunha correcta ordenación e uso do territorio.
•
Concienciarse do
valor de cada individuo á hora de conservar e manter as paisaxes do entorno
máis próximo.
•
Recoñecer e
valorar elementos notables das paisaxes: naturais, arquitectónicos e
etnográficos.
•
Recoñecer
diferentes tipos de árbores autóctonas a través das súas follas, codia,
froitos, etc
•
Valorar a
importancia da conservación e coidado das árbores senlleiras da localidade.
•
Recoñecer os
cambios que produce o tempo ou a man humana na paisaxe.
•
Utilizar os
coñecementos adquiridos co seu traballo e o dos seus compañeiros na actividade
“Turonia”
•
Valorar o
traballo en grupo, tanto o propio como o dos compañeiros.
•
Manexar aparatos
das novas tecnoloxías (móbiles, cámaras, tablets, portátiles) para a
realización de traballos e rexistro de datos.
•
Consultar e
analizar a través da web o traballo propio e o dos compañeiros.
•
Debater de forma
ordenada e respectuosa os distintos traballos expostos na web.
•
Localizar a
través de Google Earth elementos significativos da paisaxe local.
ORGANIZACIÓN, DESENVOLVEMENTO E METODOLOXÍA
O desenvolvemento deste proxecto terá lugar en
tres fases:
FASE 1-INVESTIGACIÓN E RECOPILACIÓN
Terá lugar ao longo do mes de marzo. Comezará nas aulas cunha
explicación dos distintos tipos de paisaxes e os seus elementos, seguida dunha
explicación do tipo de investigación que pretendemos que fagan o alumnado. O
traballo pode ser individual ou en grupo e versará sobre unha paisaxe do seu
entorno máis próximo, un elemento significativo desa paisaxe ou unha árbore senlleira. Constará dunha foto ou
vídeo breve, a ser posible en soporte dixital, e dun pequeno texto ou gravación
explicativa. Tamén se pode traballar arredor dunha foto antiga, ben comparándoa
cunha moderna para ver a evolución da paisaxe, ben porque retrate algún elemento significativo, arbore ou
paisaxe xa desaparecida.
A cada familia faráselle chegar unha carta explicativa para que
colaboren cos seus fillos e fillas na realización dos traballos, coa fin de
recuperar lendas ou historias significativas relativas a esa paisaxe, elemento
ou árbore.
FASE 2- ORGANIZACIÓN DOS TRABALLOS
Os traballos entregados serán organizados segundo a categoría e colgados
no blog http://paisaxesdetomino.blogspot.com.es/. Tamén se montará un video-documental coas fotos, vídeos, textos e
gravacións entregadas.
FASE 3-PRESENTACIÓN E DIVULGACIÓN DO TRABALLO
Na semana das Letras Galegas, do 13 ao 16 de maio, procederase a
proxección do vídeo para todo o centro.
Despois nas clases, utilizando as pantallas dixitais e o material do
blog os nenos debaterán e comentarán as impresións que lles producen os
traballos dos seus compañeiros.
Na ultima semana de maio ou primeira de xuño ten lugar a actividade de
“Turonia”, que é unha saída ao entorno, na que este ano se procurará levar a
practica os coñecementos adquiridos polo alumnado a través do proxecto 12
meses, 12 paisaxes.
AVALIACIÓN
A avaliación do proxecto 12 meses 12 paisaxes realizarase a través
dunha enquisa a tres niveis: profesorado, alumnado e familias, na que se
formularán preguntas relativas ao traballo feito, a súa divulgación, utilidade
e posibles melloras cara o curso que ven.
Esta enquisa faráselle chegar aos distintos membros da comunidade
educativa a principios de xuño, e os resultados publicaranse na web en http://paisaxesdetomino.blogspot.com.es/
Pareceume interesante porque nos ensina os coles antigos aos nenos xóvenes.
ResponderEliminaros alumnos e alumnas de 3º A pensamos que este proxecto é moi interesante porque nos axuda a coñecer moito mellor cousas bonitas da nosa localidade.
ResponderEliminaras paisaxes son moi bonitas
ResponderEliminar